Apartados: a túa nova forma de aforrar
Permíteche aforrar ou xestionar as túas finanzas de maneira rápida e eficaz desde a túa propia conta
Separa unha cantidade determinada de diñeiro dentro da túa mesma conta
Permite realizar achegas en calquera momento en contas monotitulares, e retirar o diñeiro cando o necesites, devolvéndoo á conta principal.
Que é Apartados?
-
É unha ferramenta moi intuitiva e fácil de usar que che permite aforrar desde a túa propia conta apartando unha cantidade concreta de diñeiro, sen necesidade de abrir novas contas. Para crear o apartado, só hai que lle pór un nome, decidir canto diñeiro queres separar e escoller a conta en que se vai crear.
Como se abre un apartado?
-
Sigue estes pasos:
- Pon un nome ao apartado.
- Determina sobre que conta o vas crear.
- Engade un importe.
E con iso xa podes crear o teu apartado e empezar a acumular saldo, ou devolver diñeiro á túa conta se o precisas. Aforra facilmente desde a túa propia conta e aproveita a máxima "se non o vexo, non o gasto!".
O teu banco no móbil coa app do BBVA
Funcionalidades relacionadas
Aínda non te convencemos? Proba entón a app do BBVA mesmo sen seres cliente e verás
É posible que sexa porque o amor a primeira vista non está feito para os bancos.
Pero non pasa nada, sexamos amigos. Podes usar a nosa app SEN ser cliente e, quen sabe, talvez acabes namorándote co tempo.
- Controla todos os teus bancos desde un só lugar.
- Xestiona os teus gastos e ingresos de forma ordenada e mellora os teus orzamentos.
- Toma mellores decisións se vas comprar, vender ou alugar a túa casa con BBVA Valora.
- Accede agora a todo o contido de Aprendemos xuntos con funcionalidades exclusivas: podes seleccionar o teu tema favorito e ver os vídeos máis populares.
- Todo sen necesidade de contratar ningún produto nin ser cliente.
Próbaa gratis e faite usuario nun minuto