Trátase dun servizo que se encarga de realizar por ti os trámites necesarios para cambiar os ingresos e recibos doutro banco á túa conta no BBVA. Tamén podes solicitar traspasar o saldo e pechar a outra conta, a través dun proceso sinxelo e gratuíto no que ti decides que queres traer.
Así que abras a túa conta de forma gratuíta, poderás solicitar o traslado de contas desde bbva.es, a app móbil ou a rede de oficinas BBVA.
- Indica cal é o número da conta que queres trasladar ao BBVA e escolle todas as opcións que desexes: trasladar as túas transferencias periódicas; trasladar os teus ingresos recorrentes e cargos; pechar a túa outra conta trasladando todo o saldo.
- Marca a data na que queres que se realice o traslado. Selecciona unha data na que saibas que aos compromisos de pagamento e aos ingresos recorrentes (nóminas, pensións, etc.) lles vai dar tempo a chegaren á nova conta.
- O prazo mínimo para facer a xestión é de 15 días hábiles e inclúe o prazo de sinatura de todos os titulares.
- O traspaso de saldo é enviado desde a outra entidade na data indicada polo cliente; o aboamento na conta de destino pode tardar uns días.
- A xestión do traslado iníciase cando a solicitude está asinada por todos os titulares da conta.
- Nun prazo de 2 días, o BBVA solicitará ao teu outro banco os datos necesarios para o traslado da conta.
- O teu outro banco terá un máximo de 5 días para aceptalo e enviar a información solicitada.
- A partir da recepción da información, o BBVA terá un prazo de 5 días para configurar as transferencias periódicas da túa antiga conta na nova e comunicar aos emisores de pagamentos o novo número de conta.
- O teu outro banco encargarase de pechar a conta e de transferir o saldo á túa conta BBVA na data que indiques na solicitude.
Irémoste informando de todos os avances do proceso de traslado e, se fose preciso, solicitarémosche información adicional mediante notificacións na sección A miña caixa do correo da web e da app móbil e tamén a través do correo electrónico.