Podes agregar todos os teus bancos, pedir cita para falar cun xestor, calcular o valor dunha casa e facer outras xestións do teu día a día. Sen ser cliente e sen compromiso. Rexístrate en dous pasos e empeza a coñecernos pouco a pouco.
Controla as túas tarxetas prepagamento coa app do BBVA
Pagamentos sen contacto. Compra ou mesmo retira efectivo sen comisión en máis de 4.500 caixeiros BBVA directamente co móbil. Sen tocar botóns.
Control de gastos. Podes recargar as túas tarxetas prepagamento ao momento todas as veces que queiras. Só gastarás o importe que recargaches.
O teu diñeiro, 100 % protexido. Recibirás alertas con cada movemento e poderás apagar ou acender as tarxetas cando o necesites.
O teu móbil é a túa nova tarxeta
Con BBVA Pay, paga co teu móbil de forma sinxela, segura e sen complicacións. Só tes que engadir a túa tarxeta a BBVA Pay na túa app de BBVA.
Necesitas máis información?
As tarxetas prepagamento son tarxetas en que o usuario carga unha cantidade de diñeiro, para posteriormente realizar pequenos pagamentos de maneira cotiá. Este tipo de tarxetas son unha alternativa á tarxeta de crédito ou de débito, e utilízanse principalmente en compras de importe reducido en establecementos ou servizos adheridos, así como a través da Internet. Máis información.
Podes ir a calquera oficina do BBVA ou solicitala a través do web bbva.es ou na app de BBVA España.
Para pagar coa tarxeta prepagamento, tes que recargala antes co diñeiro que necesites. Así só gastas o saldo dispoñible. Podes facer todas as recargas que queiras sen custos. Recarga a túa tarxeta a través da app, bbva.es, caixeiros BBVA, en oficinas ou chamando ao 900 102 801. Elixe un importe entre 6 € e 600 € (1.000 € se é para tarxeta Aqua). Este diñeiro sumarase ao saldo da tarxeta.
Si, é posible. Cando realices unha compra online tes que seguir estes sinxelos pasos: Compras no comercio coa túa tarxeta e autorizas as compras en liña no contorno seguro que che ofrece o BBVA (xa sexa a través do web ou da app).
Si, co BBVA tes á túa disposición distintas opcións para pagares as compras co móbil. Elixe a túa e goza de todas as súas vantaxes. Máis información
Podes pagar co teu móbil se engades as túas tarxetas a BBVA Pay seguindo estes pasos:
Entra na aplicación do BBVA.
Engade as túas tarxetas a BBVA Pay.
Selecciona BBVA Pay como método de pagamento.
Se o prefires, tamén podes engadir as túas tarxetas a outros wallets como Apple Pay, Google Pay e Samsung Pay.