BBVA Autorenting - Renting de coches para particulares

Os teus especialistas en renting de coches para particulares

Renova o teu coche periodicamente e benefíciate das súas vantaxes:

  • Sen preocupacións: inclúe mantemento, cambio de pneumáticos…
  • Coa comodidade de pagar mes a mes unha cota fixa, sen sorpresas.

Descarga a app BBVA para acceder a unha experiencia completa

Desde a app poderás escoller o renting que máis se adapte ás túas necesidades e contratalo 100% en liña.

Consulta toda a nosa oferta de renting de vehículos en campaña

Dispomos de diferentes marcas e modelos, incluídos vehículos híbridos e eléctricos, para que poidas escoller o que mellor se adapte a ti.

Escolle un renting á túa medida e esquécete dos gastos extra

O vehículo que necesitas a unha cota competitiva e con estas vantaxes:
  • Revisións, reparacións e mantemento en talleres homologados.
  • Cambio de pneumáticos ilimitado.
  • Servizo de reparación de danos. Con franquía de 150 €.
  • Seguro de responsabilidade civil obrigatoria e voluntaria con cobertura de condutor e ocupantes.
  • Axuda legal e xestión de multas ata esgotar a vía administrativa.
  • Podes estrear coche cada 3 anos, sen necesidade de adquirires o vehículo en propiedade.

Apúntate á condución sostible

Contribúe co medio ambiente e benefíciate das vantaxes económicas do renting de coches eléctricos e híbridos.
  • Sen restricións. Libre acceso a áreas de prioridade residencial e carril bus-VAO sen mínimo de ocupantes en vehículo 0 emisións.
  • Aboamento de ata o 100 % en tarifas de estacionamento regulado para vehículos CERO e ECO.
  • Bonificación en peaxes.
  • Vehículos silenciosos e respectuosos co medio ambiente.

Necesitas máis información sobre o renting para particulares?

Para contratar o renting de coches para particulares necesitas ser cliente do BBVA, ter entre 25 e 70 anos e ter carné de conducir con máis de 2 anos de antigüidade. 

Para máis información: infocomercial@bbvaautorenting.es

Información legal

Ayvens Spain Mobility Solutions, S.A.U.  é o arrendador e, polo tanto, o único responsable do cumprimento das obrigas deste documento. É unha empresa allea ao Grupo BBVA e usa a marca BBVA AUTORENTING licenciada por BBVA, S.A.

Renting de coches

Un alugamento non financeiro a longo prazo que inclúe a xestión do mantemento do ben e os seus servizos, garantindo o bo estado e funcionamento ata a finalización do contrato, mediante o pagamento dunha cota periódica. Calquera persoa xurídica (pública e privada) ou calquera persoa física que sexa traballadora por conta propia é susceptible de contratar un renting. É máis caro o renting de coches ca a compra? Se temos en conta todas as variables: mantementos en concesionarios oficiais, cambio de pneumáticos arredor dos 40.000 km, seguro a todo risco, etc., sairanos un aforro a favor do renting duns 3.000 € aproximadamente. Este aforro é debido ás economías de escala e aos grandes volumes de compra.