Banca Online: descubre todo o que podemos facer por ti
Descubre as funcionalidades en liña que che ofrece o BBVA para facérelo todo desde o móbil e desde bbva.es
Contrata por Internet sen pasares pola túa oficina BBVA
-
Xa podes contratar, achegar ou traspasar fondos de investimento desde o móbil. Filtra e elixe a mellor opción para ti.
-
Grazas á sinatura electrónica a distancia podes validar as túas operacións desde a casa. Este tipo de sinatura ten garantía xurídica e legal.
-
Fai achegas ao teu plan de pensións simplemente desde a app do BBVA: fácil, rápido e seguro.
-
Co BBVA Plan EstarSeguro agrupas o pagamento dos teus seguros BBVA, págalos mes a mes e podes aforrar no teu recibo.
Paga co teu móbil esteas onde esteas
-
Opera e autoriza pagamentos coa túa impresión dixital ou con recoñecemento facial. Áxil, cómodo e usando a mesma biometría que empregas no móbil.
-
Descubre como poder pagar os teus recibos non domiciliados desde o teu móbil, onde queiras e en calquera momento.
-
Con Bizum, realiza pagamentos de móbil a móbil aos teus amigos, sen comisións e sen necesidade de ter o número de conta.
-
BBVA dispón de varias opcións que che permiten pagar usando o móbil, evitando ter que levar efectivo ou tarxetas.
-
Apple Pay é moi fácil de usar. Engade a túa tarxeta BBVA e compra con seguridade en tendas, apps e webs.
-
Activa a función de BBVA Cashup na app do BBVA e comeza a enviar e recibir diñeiro a través dos teus chats.
-
Utiliza o teu móbil para pagar en establecementos con contactless. Autoriza cada pagamento coa túa impresión dixital, iris ou PIN.
-
Paga coa túa tarxeta BBVA de forma rápida e cómoda en tendas con TPV contactless, webs e apps.
-
Bizum xa non só serve para poder enviar ou recibir diñeiro de móbil a móbil ao momento: tamén che pode facilitar as túas compras en liña.
Novas vías de comunicación en liña para estarmos máis preto de ti
-
Blue é o asistente virtual do BBVA que te atende de maneira inmediata e personalizada. Comunícate por voz ou por texto e xestiona as túas finanzas coa súa axuda.
-
As miñas conversacións é unha forma rápida e cómoda de te comunicares co teu xestor desde o móbil.
-
Descubre como pedir cita previa desde bbva.es ou desde a app, de maneira rápida e cómoda. No BBVA valoramos o teu tempo.
-
Coa chamada identificada tes a un experto no teu móbil que saberá quen es e guiarache nas túas decisións.
-
Pide cita en caixa desde o móbil ou desde bbva.es e aforra tempo cando visites as nosas oficinas que teñen este servizo dispoñible.
-
Activa as notificacións desde a túa app ou o web do BBVA e recibe os avisos que necesites en cada momento.
Ideas que simplifican as túas operacións bancarias
-
Acompañámoste durante todo o proceso, sexas cliente ou non cliente e aínda que o fagas de forma dixital ou presencial.
-
Encargarémonos de traer ao BBVA as transferencias periódicas, os recibos e os ingresos que tes noutro banco. E, se queres, tamén poderás pechar a conta e traer o seu saldo.
-
Axudarémoste a contactar cos teus pagadores e xestionaremos o cambio de domiciliación á túa nova conta do BBVA.
-
Solicitaremos por ti o cambio de domiciliación aos emisores dos teus recibos (cargos domiciliados) de auga, gas, teléfono, Internet, etc. á túa nova conta no BBVA.
-
Descubre un novo servizo para acompañarte no teu día a día. Con Correos Cash poderás dispor do teu diñeiro en efectivo de maneira doada e sinxela solicitándoo a través da app.
Realiza as túas operacións bancarias sen saíres da casa
-
Non encontras a túa tarxeta? Apágaa temporalmente desde o teu móbil e evita que a usen terceiros sen o teu consentimento.
-
Agora podes consultar as contas dos teus outros bancos desde a app do BBVA ou en bbva.es.
-
Necesitas cambiar de divisa? Podes facelo comodamente e en poucos minutos desde o teu móbil ou a través de bbva.es.
-
Accede aos teus documentos bancarios dos últimos cinco anos en calquera momento e lugar desde a túa área de cliente.
-
Domiciliar os teus recibos no BBVA é fácil, rápido e sen custo. Entra e descubre que vantaxes che podemos ofrecer.
-
Os teus gastos e ingresos estimados e programados no calendario para os próximos meses dunha soa ollada.
-
Poderás cumprir os teus obxectivos de aforro comodamente e con notificacións da súa evolución.
-
Ten o teu diñeiro sempre baixo control con O meu día a día, unha ferramenta completa, moi intuitiva e fácil de usar.
-
Consulta desde o reloxo as túas contas bancarias, desde o saldo total ata o detalle agregado dos teus produtos.
-
Programa xa a túa conta para controlar o teu diñeiro e aforrar, ao teu xeito e case sen notalo.
Queres saber como descargar a app BBVA?
Se necesitas unha pequena guía para descargar e empezar a usar a app BBVA, esta é a túa ligazón. Consúltaa e descubre como aproveitala ao máximo.
E todo, na app do BBVA
Líder europeo en banca móbil por quinto ano consecutivo segundo a consultora Forrester.
Coa app podes apagar e acender as túas tarxetas, retirar efectivo de caixeiros BBVA co móbil, recibir notificacións instantáneas dos movementos da túa conta e moito máis.
Queres mellorar a túa saúde financeira?
Na app BBVA atoparás o coñecemento e as ferramentas para tomar mellores decisións co teu diñeiro e mellorar as túas finanzas.
Experiencias
Cámbiate ao BBVA
Faremos as xestións por ti e poderás comezar a te beneficiar das vantaxes que xa teñen máis de 8 millóns de clientes en España.
Experiencias
BBVA Valora
Descubre canto pode valer a túa casa e analiza a información relacionada coa túa vivenda.
Experiencias
BBVA Invest
Descubre BBVA Invest: un servizo de asesoramento personalizado que che propón produtos de investimento que se axustan ás túas preferencias e obxectivos.
Proba a app BBVA SEN ser cliente
O amor a primeira vista non está feito para os bancos. Polo tanto, vaiamos pouco a pouco e sexamos amigos, empeza usando a nosa app SEN ser cliente
- Controla todos os teus bancos desde un só lugar.
- Xestiona os teus gastos e ingresos de forma ordenada e mellora os teus orzamentos.
- Toma mellores decisións se vas comprar, vender ou alugar a túa casa con BBVA Valora.
- Accede agora a todo o contido de Aprendemos xuntos con funcionalidades exclusivas: podes seleccionar o teu tema favorito e ver os vídeos máis populares.
- Todo sen necesidade de contratar ningún produto nin ser cliente.
Próbaa gratis e faite usuario nun minuto.