Como podedes acceder ao Plan Amigo e ao Paquete Viaxes?

  • Por cada amigo que convides, ti gañarás 35 € e o teu amigo 35 €. Podes convidar un máximo de 10 persoas e gañar ata 350 €.

    Que pasos tes que seguir?

    • Faite do BBVA coa Conta Online Sen Comisións.
    • Entra na sección "Convida un amigo" na túa app ou na túa área privada, escolle o Plan Amigo Tarxeta e xera o teu código.
    • Comparte o teu código de invitación con quen queiras.
    • Cando o teu convidado abra a súa Conta Online e estree a súa tarxeta, recibirás 35 € na túa conta.

    Tes algún amigo no BBVA?

    Pídelle que te convide! No momento de abrires a Conta Online Sen Comisións, introduce o código que compartise contigo. E cando fagas un pagamento superior a 35 € coa túa Tarxeta Aqua Débito recibirás 35 € na conta.

  • Co Paquete Viaxes podes aforrar as comisións habituais ao utilizares a tarxeta fóra de España.

    Se tes de 18 a 30 anos, poderás utilizar este servizo sen custo durante os teus 12 primeiros meses no BBVA. Explicámosche como:

    • Cando pagues en tendas e restaurantes, terás que escoller a divisa do país no TPV. Así que se realice o pagamento, devolverémosche a comisión por tipo de cambio.
    • Cando retires efectivo nun caixeiro internacional, se o caixeiro che pide facer o tipo de cambio, terás que escoller “non” para que poidamos facelo desde o BBVA. Así que se realice a operación, devolverémosche as comisións por tipo de cambio e por retirada.
    • Lembra que poderás facer 3 retiradas ao mes. É posible que o caixeiro che cobre outras comisións que, como non dependen do BBVA, non podemos devolver.

    Se tes máis de 30 anos ou pasaron os teus primeiros 12 meses no BBVA, poderás activar o servizo Paquete Viaxes só cando o precises, como unha subscrición.

Dúbidas que che poden xurdir sobre o Plan Amigo