O teu Préstamo Rápido Online paso por paso
-
Escolle unha opción para ver como será o proceso:Sen documentos
1. Calcula a túa cota
Selecciona no noso simulador a cantidade que necesitas (entre 3.000 € e 20.000 €), a cota que mellor se adapta ás túas necesidades e o prazo en que queres devolver o préstamo (desde 24 ata 96 cotas)
2. Escolle a solicitude SEN documentos
Completa os teus datos persoais e conectaremos en liña co banco en que tes domiciliada a nómina ou pensión utilizando as túas propias claves de acceso. Nesa conexión consultaremos a túa información financeira unicamente para podermos valorar a concesión do préstamo e os teus datos sempre estarán protexidos
3. Recibe unha resposta e benefíciate do teu préstamo
Poderás consultar en todo momento o estado da túa solicitude descargando a app do BBVA. En aproximadamente 8 horas laborables comunicarémosche, tamén por correo electrónico, se o teu préstamo foi aprobado e, en caso afirmativo, só deberás asinar o contrato desde a app do BBVA para recibires o diñeiro:
- En aproximadamente 72 horas a partir da sinatura, se escolliches domiciliar o préstamo nunha conta fóra do BBVA.
- Ou de forma instantánea, se escolliches domiciliar o préstamo no BBVA. Para iso abrirémosche unha Conta Online sen comisións no mesmo momento da sinatura.
CON DOCUMENTOS1. Calcula a túa cota: Selecciona no noso simulador a cantidade que necesitas (entre 3.000 € e 20.000 €), a cota que mellor se adapta ás túas necesidades e o prazo no que queres devolver o préstamo (desde 24 ata 96 cotas).
2. Escolle a solicitude CON documentos: Completa os teus datos (persoais, de contacto e profesionais), anexa o teu DNI e indica a conta onde queres recibir o diñeiro en caso de que sexa autorizado: podes solicitar abrir conta no BBVA ou recibir o diñeiro nunha conta túa doutro banco.
A continuación, anexa durante o proceso ou envíanos por correo electrónico a seguinte documentación necesaria para analizarmos a operación.
Copia da túa nómina:
- Copia da túa nómina ou xustificante de ingresos
- Copia do documento da túa vida laboral.
- Un documento onde se especifique o número de conta no que recibirías o diñeiro e a súa titularidade (debe coincidir co solicitante do préstamo). en caso de que seleccionases domiciliar o préstamo nunha conta doutro banco.
En caso de operacións de importe superior a 10.000 euros, solicitarase documentación adicional.
3. Recibe unha resposta:
- Nun prazo aproximado de 48 horas a documentación será validada e, se finalmente o préstamo for aprobado, necesitaremos identificarte e que asines o contrato de préstamo. Para facelo, enviarémosche un correo electrónico coas instrucións que deberás seguir. Todo o proceso é dixital e poderalo facer directamente desde o ordenador ou desde o móbil.
Así que asines o contrato, o diñeiro serache ingresado na conta que escolleses.
4. Benefíciate do teu préstamo:
- En aproximadamente 72 horas a partir da sinatura, se escolliches domiciliar o préstamo nunha conta fóra do BBVA.
- Ou de forma instantánea, se escolliches domiciliar o préstamo no BBVA. Para iso abrirémosche unha Conta Online sen comisións no mesmo momento da sinatura.