Ir ao contido principal

App do BBVA

Unha app que evoluciona contigo

Coñécete mellor que nunca

  • Con novas formas de achegarnos a ti

    Con intelixencia artificial podemos personalizar aínda máis a túa app, temos en conta os teus datos e só suxerimos o que é útil para ti.
  • Acceso directo aos teus favoritos

    Coñecemos cales son as túas operacións máis habituais, por iso che propomos atallos que che axudarán a facelas máis rápido e fácil.
  • Na orde que precisas

    Para cho pormos aínda máis fácil, poderás ver as túas accións habituais en primeiro lugar e cambiar a orde como ti queiras.
  • Ofrecendo a máxima seguridade

    Non hai nada máis persoal que a túa cara ou impresión dixital, con elas asegurámonos de que ti es ti e que ninguén máis usa a túa app.

Con todas as vantaxes na túa man

  • Para os teus comezos en investimento

    Tanto se queres investir en criptomoedas como desenvolver a túa faceta trader, na app do BBVA encontrarás o teu espazo.
  • Para que non pares se perdes a tarxeta

    Desde a app podes bloquear a túa tarxeta e pedir unha versión dixital, dispoñible ao momento, coa que poderás seguir pagando.
  • Para teres os teus bancos nun lugar

    Conecta os teus bancos á app do BBVA e poderás saber dunha soa ollada canto diñeiro tes en cada conta.
  • Para os menores da casa

    Os menores de 18 anos teñen unha app adaptada na que gardaren os seus primeiros aforros, as súas bolsas ou para poderen comezar a xestionar o seu propio diñeiro.