Os teus datos no BBVA
O compromiso dun banco responsable cos teus datos.
Por ti: os datos son teus e só os usamos co teu consentimento
Os teus datos perténcenche e ti tes o control sobre eles.
No BBVA, como empresa comprometida co uso rigoroso dos datos, nunca facemos nada con eles sen o teu permiso. E como a privacidade é importante, tratamos os teus datos co máximo respecto e custodiámolos con seguridade.
Por este motivo, contamos coas máximas medidas de seguridade para garantir a confidencialidade nas comunicacións.
Para máis información podes visitar a nosa sección sobre política de protección de datos persoais.
Que datos temos de ti?
Porque sabemos que a transparencia é fundamental, querémosche detallar algúns exemplos de información que temos sobre ti e de onde procede.
- Datos que te identifican: Por exemplo, o teu nome, o teu enderezo postal, o teu enderezo electrónico, etc. Así podemos contactar contigo para xestionar os produtos e servizos que tes, que solicites ou que contrates connosco.
- Datos que nos din como es: Trátase de información básica que nos proporcionas, como a túa idade ou ocupación.
- Datos que che permiten operar no BBVA: Aquí inclúense a túa sinatura dixital e electrónica e os códigos ou claves que utilizas para acceder e operar nas nosas canles en liña como o web e a app do BBVA.
- Datos sobre a túa operativa: Ingresos, pagamentos, transferencias, cargos, recibos e, en xeral, calquera operación e movemento asociado aos produtos e servizos que teñas connosco, así como nos outros bancos aos que ti nos deses acceso.
- Datos económicos: Relacionados coa túa actividade económica a través dos produtos e servizos que tes no BBVA.
Por suposto, cando contrates novos produtos ou servizos co BBVA, o tratamento dos teus datos persoais realizarase de acordo co pactado.
Que podes facer con eles?
Os teus datos son teus e ti tes o control. Nunca facemos nada con eles sen o teu consentimento e os relativos aos teus produtos e servizos están sempre á túa disposición na túa área persoal de bbva.es ou da app BBVA para:
- Consultalos.
- Modificalos cando sexan inexactos.
- Solicitar que se eliminen os teus datos persoais, salvo os que sexan necesarios para darche servizo por cuestións normativas.
- Pedir que non se utilicen os teus datos para algunha das finalidades ás que nos deches previamente o teu consentimento.
- Permitir que poidamos acceder aos teus datos noutras entidades.
Todo acerca do tratamento dos datos persoais.
Ademais, se o solicitas, recibirás por correo electrónico un ficheiro cos datos persoais que nos facilitases e con aqueles que se obtiveron na túa relación contractual co BBVA para podelos transmitir a outra entidade (o que se coñece como portabilidade).
Como os protexemos?
Nós custodiamos os teus datos con seguridade, igual que facemos co teu diñeiro desde hai máis de 150 anos.
Para iso, no BBVA garantimos que os nosos procedementos, infraestruturas e medidas de seguridade están destinados a custodiar os teus datos persoais cos máximos niveis de protección. Ademais, esiximos que as persoas que tratan os teus datos o fagan sempre co maior respecto, conforme ao código de conduta autorregulado dos empregados do BBVA. O noso compromiso co cumprimento normativo é un compromiso cos nosos clientes.
Os datos sempre no teu beneficio
Canto máis sabes, mellor decides
Hai decisións fáciles que tomamos sen pensar. No entanto, outras supoñen un grande impacto nas nosas vidas e xérannos certa incerteza: é mellor para min financiar a compra dunha casa ou alugala? Que impacto terá sobre a miña economía a chegada dun bebé? Canto me convén ter aforrado para a miña xubilación?
Por iso, no BBVA pomos á túa disposición solucións coas que serás capaz de:
- Descubrir canto pode custar a casa que che gusta e decidir se che convén alugala ou comprala en función do prezo. Ademais, terás toda a información relacionada coa vivenda para poderes tomar mellores decisións, con BBVA Valora.
Madiva Soluciones presta os seus servizos a BBVA Valora.