As nosas oficinas están abertas
Pide cita previa telefónica para facer as túas xestións e esquece as esperas.
Debido ao estado de alarma decretado polo Goberno, implantamos unha serie de medidas para que os nosos clientes poidan continuar a operar con normalidade. Desde o primeiro día seguimos as recomendacións do Ministerio de Sanidade co obxectivo de garantir a seguridade de clientes e empregados durante a situación provocada pola COVID-19.
Non obstante, e sempre que non sexa imprescindible acudir a unha oficina, recomendámosche o uso das nosas canles dixitais. Lembra que podes continuar facendo as túas xestións a través da app e da páxina web comodamente desde a casa.