Os puntos de recarga dun vehículo eléctrico son aqueles que nos permiten cargar as súas baterías. Existen varios tipos:
- Punto de recarga de parede (ou Wallbox): accesibles para calquera tipo de vehículo eléctrico (ou híbrido), a súa instalación require ancoraxes á parede do garaxe no que se vaia situar. Aliméntanse, habitualmente, da enerxía do fogar. Son os máis habituais, polo seu bo prezo e facilidade de uso.
- Punto de recarga en poste: son os que máis utilizan tanto as empresas coma as administracións públicas á hora de crear unha rede de carga. Caracterízanse por permitir a carga en modo 4, o que adoita cargar o 80% da batería nuns 30 minutos. Non se recomenda o seu uso continuado, xa que prexudica a medio prazo a batería.
- Punto de recarga con control dinámico de potencia: é o último modelo de puntos de recarga de coches eléctricos, grazas ao cal se equilibra a carga entre o vehículo eléctrico e outros consumos que se produzan no fogar, sen que se supere a potencia que se teña contratada (o que pode provocar cortes de luz).
- Punto de recarga portátil EV: de pequeno tamaño e pouco peso, pódese levar no maleteiro do vehículo eléctrico e utilizalo cando a batería necesite ser recargada. Só é preciso ter unha toma de corrente á man.