Coa axuda da app do BBVA e as súas mensaxes personalizadas será máis sinxelo manter o equilibrio entre ingresos e gastos, aforrar para ter un colchón co que facer fronte a imprevistos e darse algún capricho e, incluso, contar cos recursos que nos permitan afrontar o futuro con máis tranquilidade.
O teu día a día baixo control
Máis alá de levar o control dos teus gastos e ingresos, no BBVA queremos axudarche a encontrar o teu propio equilibrio. Porque podes ter unha boa saúde financeira xestionando a túa economía ao teu xeito.
Recomendacións adaptadas a ti
Mellorar a túa saúde financeira é máis sinxelo cando unha app che dá consellos personalizados, cando se anticipa a feitos que te poderían desequilibrar ou cando che recomenda ferramentas para levares mellor o control total das túas finanzas.
Toma o control do teu diñeiro para aproveitalo mellor
Organizarse é imprescindible para evitar desequilibrios nas contas.
- Fixa orzamentos para saber manter os gastos controlados.
- Consigue unha visión global agregando contas dos teus outros bancos.
- Utiliza “movementos previstos” para organizarte nos próximos meses.
Unha xestión mellorada da túa economía
Consulta dunha ollada todos os gastos recorrentes asociados ao teu fogar (gas, luz, auga, subscricións a plataformas como Netflix, Amazon, etc.). Todo desde un mesmo lugar.
Así é máis sinxelo levar o control para que os teus gastos fixos non superen o 50 % dos teus ingresos mensuais e poidas redistribuír o resto en gastos variables e aforro.
Interésache? Descarga a app do BBVA
Queres saber máis sobre saúde financeira?
Outros métodos para mellorar a túa estabilidade financeira
-
Modo aforro
Pomos todas as nosas opcións á túa disposición para que configures o teu modo aforro como te sintas máis cómodo.Máis información -
Modo futuro
Asesorámoste para que encontres as oportunidades que mellor se adapten a ti en cada momento.Máis información