Descubre como se xera a pegada de carbono do teu negocio
A actividade diaria de pemes e empresas tamén contribúe na emisión de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.
Moverte en coche xera 1.820 kg de dióxido de carbono ao ano
Que produce esas emisións?
A cantidade de gases de efecto invernadoiro que expulsa un vehículo depende do tamaño do seu motor e da súa potencia, da velocidade á que se conduce, do tipo de combustible utilizado e do peso total do vehículo.
Que podes facer para reducilas?
Para facer un uso máis ecolóxico do teu vehículo é necesario coidar o seu mantemento (renovación de rodas, cambios de aceite…) e tamén é importante ter un estilo de condución a unha velocidade moderada, evitando as aceleracións ou as freadas bruscas, e tratar de levar máis dunha persoa nos desprazamentos.