Descubre como se xera a túa pegada de carbono
Algunhas das nosas accións cotiás tamén contribúen na emisión de gases de efecto invernadoiro.
1 kg de carne vermella emite 4 kg de carbono
Que produce esas emisións?
A maior parte das súas emisións está relacionada directamente cos animais. Os ruminantes durante as dixestións xeran moito metano, un dos gases que contribúe ao quecemento global.
A gandaría tamén produce emisións derivadas do uso de fertilizantes, dos tractores e da maquinaria utilizada nas granxas.
Que accións poden reducir esas emisións?
Equilibrar os menús incluíndo alimentos das diferentes categorías e apostar polos produtos de proximidade e de produción sostible pode axudar a reducir as emisións asociadas á dieta.