Descubre como reducir a túa pegada de carbono

Con accións sinxelas podes conseguir que a túa forma de consumir enerxía sexa máis responsable co medio ambiente.

Consumir electricidade nas horas con prezo máis baixo

Conseguirías aforrar na factura consumindo de forma máis responsable.

Como aforrar no consumo de enerxía?

O cambio no sistema de tarifas afectou todos os contratos eléctricos, xa que agora non existe a posibilidade de escoller ter prezos distintos para momentos do día diferentes. Esta división realizarase en 3 tramos en todas as tarifas

Ten en conta estas ideas á hora de utilizares os electrodomésticos e aforra na factura: 

  • Comproba os horarios en que o prezo é máis baixo, xeralmente coinciden coa noite e os fins de semana
  • Procura utilizar os electrodomésticos que máis consomen nas horas máis económicas. Se é posible, programa a lavadora e a lavalouza para que funcionen durante a noite. 
  • Adapta as túas rutinas ao novo sistema de tarifas e deixa tarefas como pasar o ferro para a fin de semana, cando non hai tramos de hora punta. 
  • Contrata diferentes potencias ao longo do día: unha para as horas val e outra para as horas punta.

Tendo en conta as diferentes tarifas no teu día a día conseguirás aforrar na factura e facer un consumo máis responsable da enerxía

Ver máis consellos

 

No BBVA axudámosche a financiar os teus proxectos para aforrar enerxía