Descubre como reducir a túa pegada de carbono
Con accións sinxelas podes conseguir que a túa forma de consumir enerxía sexa máis responsable co medio ambiente.
Escoller o medio de transporte máis eficiente
Conseguirías que a túa mobilidade fose máis sostible.
Facer unha viaxe en coche eleva substancialmente as túas emisións de carbono, especialmente se viaxas en solitario.
Ten en conta estas ideas á hora de planificares os desprazamentos nas viaxes:
- Utiliza o tren e o autobús para medias e longas distancias.
- Escolle tren cando sexa posible, pois as emisións son case 10 veces máis baixas que as do avión. Nun traxecto entre Madrid e Barcelona o avión emite 140,8 kg de carbono e o tren 18,4 kg.
- Comparte coche con máis persoas, así o impacto individual será menor.
- Aluga un vehículo con poucas emisións no teu destino se o necesitas para desprazarte.
Levando a cabo estes cambios conseguirás reducir o impacto das túas viaxes e farás que a túa mobilidade sexa máis sostible.