Descubre como se xera a túa pegada de carbono
Algunhas das nosas accións cotiás tamén contribúen na emisión de gases de efecto invernadoiro.
Enviar un correo electrónico xera 4 g de dióxido de carbono
Que produce esas emisións?
A electricidade que consomen os dispositivos desde os que se envían e se reciben, así como os servidores que os distribúen e os almacenan. Os correos electrónicos persoais e do traballo poden chegar a emitir ata 50 g de dióxido de carbono se conteñen arquivos adxuntos pesados.
Que podes facer para reducilas?
Evitar subscribirte a listas de distribución de correos que non che proporcionen un verdadeiro valor e procurar incluír en copia dos teus correos unicamente as persoas que realmente poidan estar interesadas nas mensaxes.