Descubre como se xera a túa pegada de carbono
Algunhas das nosas accións cotiás tamén contribúen na emisión de gases de efecto invernadoiro.
Fabricar un colar emite 400 kg de carbono
Que produce esas emisións?
A fabricación de xoias supón un impacto á hora de fundir os metais e pola súa extracción. Son consideradas metais e pedras preciosas pola súa escaseza e pola dificultade para conseguilos. Ademais, hai que ter en conta o impacto medioambiental que se produce nalgúns ecosistemas, como a deforestación provocada pola busca de ouro.
Que accións poden reducir esas emisións?
É importante atender á procedencia das xoias e asegurarse de que na súa composición se utilizaron recursos extraídos por métodos pouco contaminantes e, ademais, de forma xusta e socialmente responsable.