Descubre como se xera a túa pegada de carbono
Algunhas das nosas accións cotiás tamén contribúen na emisión de gases de efecto invernadoiro.
Un pantalón vaqueiro de importación xera 6 kg de dióxido de carbono
Que produce esas emisións?
Sobre todo o seu transporte, xa que xeralmente as fábricas téxtiles están situadas lonxe do punto de venda. Ademais, a obtención de tecidos, mesmo se son naturais, tamén xera emisións.
Que podes facer para reducilas?
Dar un bo uso á roupa, escoller pezas duradeiras e ser consciente da súa orixe. Para aproveitar ao máximo cada peza de roupa, podes doala para que teña unha segunda vida ou levala a puntos de reciclaxe para crear novos tecidos.