Descubre como se xera a túa pegada de carbono
Algunhas das nosas accións cotiás tamén contribúen na emisión de gases de efecto invernadoiro.
Cociñar nun forno xera 400 g de dióxido de carbono por hora
Que produce esas emisións?
As emisións de cada forno dependen da súa eficiencia enerxética. Un forno de baixa cualificación enerxética consome un 20 % máis que un eficiente e provoca un incremento similar en emisións.
Que accións poden reducir esas emisións?
É recomendable revisarmos a cualificación enerxética cando compramos un electrodoméstico novo. O forno non é o electrodoméstico que máis consome, pero algunhas prácticas poden facelo menos eficiente. Por exemplo, abrir a porta mentres está en funcionamento faille perder moita calor acumulada. Tamén é interesante aproveitar a calor para realizar varias receitas.