Descubre como se xera a túa pegada de carbono
Algunhas das nosas accións cotiás tamén contribúen na emisión de gases de efecto invernadoiro.
1 quilo de lixo non reciclado xera 700 g de carbono
Que produce esas emisións?
O lixo non reciclado é levado a vertedoiros, onde os restos orgánicos podrecen debaixo da terra xerando gases de efecto invernadoiro. Ademais, os refugallos son incinerados utilizando combustibles fósiles, o que provoca máis emisións.
Que accións poden reducir esas emisións?
Separar o lixo para facilitar a reciclaxe e aproveitar os residuos orgánicos para crear fertilizantes son xestos que contribúen a reducir o volume dos refugallos nos vertedoiros e a dar un novo uso ás materias primas.