Descubre como reducir a túa pegada de carbono
Con accións sinxelas podes conseguir que a túa forma de consumir enerxía sexa máis responsable co medio ambiente.
Conseguirías reducir o gasto ata un 50 %
Optimizar o consumo de auga
O consumo de auga medio por persoa ao día nun fogar debería ser duns 100 litros. Porén, en España este consumo pode chegar a 132 litros. A maior parte destes consumos realízase en lavabos, cociñas e duchas.
Ten en conta estas ideas e reduce ata nun 50 % este consumo:
- Instala redutores de caudal nas tubaxes para diminuír o volume de auga por minuto que sae polas billas.
- Incorpora aireadores nas billas para aumentar a sensación de caudal reducindo ata un 40 % o consumo de auga.
- Utiliza billas monomando para que non sexa preciso utilizar dous fluxos de auga para regular a temperatura.
- Procura utilizar a lavalouza a plena carga e non fregues á man, pois consomes menos auga e garantes unha mellor acción desinfectante.
- Instala unha cisterna con dobre descarga ou que poidas interromper para evitar utilizar auga en exceso e non uses o inodoro como papeleira.
Levando a cabo estes cambios conseguirás reducir o consumo de auga e utilizar este recurso dunha forma máis responsable e sostible.