Descubre como reducir a túa pegada de carbono
Con accións sinxelas podes conseguir que a túa forma de consumir enerxía sexa máis responsable co medio ambiente.
Usar produtos reutilizables ou biodegradables
Conseguirías reducir o impacto medioambiental do teu consumo.
O incremento do uso de produtos de usar e tirar provocou un aumento no consumo de enerxía e materiais para a súa produción, así como no volume de residuos xerados.
Ten en conta estas ideas á hora de adquirires novos produtos:
- Evita a louza dun só uso nas reunións, substitúea por pratos, vasos ou cubertos lavables ou reutilizables.
- Escolle pilas recargables.
- Adquire toallas de microfibra para retirar a maquillaxe ou discos de algodón reutilizables.
- Compra bastonciños biodegradables e reduce o consumo de plástico na túa hixiene diaria.
- Procura usar botellas e cuncas de café reutilizables no teu centro de estudos ou de traballo.
- Utiliza as dúas caras das follas de papel sempre que sexa posible.
- Intenta levar as túas propias bolsas ou carro cando realices a compra para evitar utilizar bolsas de plástico.
Levando a cabo estes cambios, conseguirás reducir o impacto medioambiental derivado do teu consumo.