Descubre como se xera a túa pegada de carbono
Algunhas das nosas accións cotiás tamén contribúen na emisión de gases de efecto invernadoiro.
Percorrer 1 km en autobús xera 40 g de dióxido de carbono
Que produce esas emisións?
O consumo de combustible. Hai que ter en conta que a eficiencia dun autobús é case proporcional ao número de persoas que transporta. No cálculo tamén é tido en conta o número de veces que o vehículo para e arranca, tanto polas paradas da ruta como por culpa do tráfico.
Que podes facer para reducilas?
O transporte público é máis sostible que o uso de vehículos particulares, polo tanto, o recomendable é utilizalo sempre que sexa posible.