Descubre como reducir a túa pegada de carbono

Con accións sinxelas podes conseguir que a túa forma de consumir enerxía sexa máis responsable co medio ambiente.

Revisar o contrato da luz

Conseguirías aforrar ata 50 € ao ano por cada quilowatt reducido.

Como facelo?

Comproba na factura cal é a potencia que tes contratada e estima con estas ideas se é a óptima: 

  • Utiliza unha calculadora de potencia. Esta ferramenta en liña permíteche simular a potencia eléctrica recomendada engadindo algúns datos sobre a túa casa, como os seus metros cadrados ou o tipo de electrodomésticos.
  • Instala un contador de luz intelixente ou un monitor de consumo. Permitiranche coñecer como se reparte o teu consumo eléctrico ao longo do día e cal é a potencia máxima demandada. 
  • Consulta un ou unha electricista profesional. Axudarache a coñecer cal é a potencia eléctrica que necesitas.
  • Infórmate sobre a posibilidade de contratar dúas potencias eléctricas diferentes ao longo do día, unha para as horas val e outra para as horas punta.

Axeitando a potencia contratada á demandada conseguirás aforrar nos teus consumos e facer un uso máis responsable da enerxía.

Ver máis consellos

 

No BBVA axudámosche a financiar os teus proxectos para aforrar enerxía