Descubre como se xera a túa pegada de carbono
Algunhas das nosas accións cotiás tamén contribúen na emisión de gases de efecto invernadoiro.
Traer en barco unha banana xera 80 g de dióxido de carbono
Que produce esas emisións?
O transporte en barco desde outro continente. Ademais, o seu cultivo ten outros efectos negativos sobre o medio ambiente, xa que se están despexando amplas zonas para cultivalas, o que ocasiona perda de diversidade ecolóxica.
Que podes facer para reducilas?
Para minimizar o impacto ocasionado polo transporte, o máis efectivo é consumir produtos que se cultivasen preto do lugar onde os compras