Descubre como se xera a túa pegada de carbono
Algunhas das nosas accións cotiás tamén contribúen na emisión de gases de efecto invernadoiro.
Unha aciñeira absorbe 5.000 kg de dióxido de carbono para vivir
Como se absorben esas emisións?
As plantas axúdannos a reducir o impacto xerado polas nosas emisións, xa que necesitan o dióxido de carbono para viviren. No entanto, non todas requiren a mesma cantidade, xa que depende da especie, da idade ou do medio en que se encontren.
Que beneficios proporcionan as aciñeiras?
Trátase dunha especie moi resistente, capaz de adaptarse ás condicións máis extremas do clima mediterráneo. Por iso, está a ser utilizada en repoboacións para construír bosques novos que en poucos anos se converterán en grandes absorbedores de emisións.