Descubre como reducir a túa pegada de carbono
Con accións sinxelas podes conseguir que a túa forma de consumir enerxía sexa máis responsable co medio ambiente.
Usar o modo aforro de enerxía nos teus dispositivos
Conseguirías aforrar ata un 40 % no gasto de electricidade.
Unha parte importante do consumo eléctrico dos fogares procede dos aparellos electrónicos. Acender as pantallas dos nosos dispositivos é unha das operacións que máis enerxía demanda.
Proba estas ideas relacionadas co modo aforro de enerxía e diminúe o seu consumo:
- Reduce o brillo das pantallas. Utilizar un brillo medio diminúe un 20 % o seu consumo e usar un brillo mínimo ata un 40 %.
- Escolle fondos de pantalla e salvapantallas escuros, pois a súa proxección consome menos que as imaxes con cores vivas ou nas que destaque a cor branca.
- Procura bloquear o ordenador, o móbil ou a tableta cando fagas unha parada curta.
- Apaga o ordenador cando non o esteas utilizando.
- Desactiva as notificacións que non sexan necesarias, xa que evitarás que a pantalla do teu dispositivo se acenda con moita frecuencia.
Levando a cabo estes cambios conseguirás aforrar batería nos teus dispositivos e na factura da luz, prolongando, ademais, a vida útil das túas pantallas.