Descubre como se xera a túa pegada de carbono
Algunhas das nosas accións cotiás tamén contribúen na emisión de gases de efecto invernadoiro.
Un voo de Bilbao a Toquio xera 2.000 kg de dióxido de carbono
Que produce esas emisións?
O avión é o medio de transporte máis contaminante. Ao engalar, case un terzo do seu peso é combustible e, durante un voo, prodúcense 3 kg de dióxido de carbono por cada quilo de combustible que, ademais, se mantén durante moito tempo na atmosfera debido á altura.
Que podes facer para reducilas?
Sempre que sexa posible, evitar viaxar en avión. E se é necesario realizar a viaxe, aproveitar ao máximo a estadía.
Nos desprazamentos por negocios é importante analizar alternativas como os trens ou autobuses interurbanos para viaxes nacionais ou celebrar reunións a través de videoconferencia.