Cita previa
Pómoscho fácil: pide cita previa telefónica e resolve as túas xestións sen esperas
-
A seguridade é o primeiro. Evitamos as aglomeracións.
-
Esquece as esperas á hora de realizar calquera tipo de xestión.
-
Lembra que este servizo non ten custo adicional.
Que é a cita previa?
-
É escoller o momento máis adecuado para falar co teu xestor e realizar as túas consultas e xestións dunha forma segura e sen esperas.
No BBVA valoramos o teu tempo. Por iso, co servizo de Cita previa, ti e o teu xestor BBVA podédesvos pór en contacto de forma rápida e cómoda, desde bbva.es, desde a app ou chamando directamente o teu xestor ou á túa oficina.
Só tes que escoller unha data, decidir unha hora e terás a cita reservada. Así de fácil.
Sempre que non sexa imprescindible ir a unha oficina, recomendámosche o uso das nosas canles dixitais. Lembra que podes continuar a facer as túas xestións a través da app e da páxina web comodamente desde a casa.