Expertos en Banca de Investimento

Asesoramento profesional en procesos de compravenda de empresas e de activos inmobiliarios para investimento ou para axudarte na transición interxeracional.

 

Un equipo de expertos á túa disposición para:

  • Encontrar novas oportunidades de investimento en activos, bolsa e bonos de empresa.
  • Maximizar os teus investimentos.

Banca de investimento

    • Presentaranche oportunidades de investimento en activos en rendibilidade, en exclusiva, tanto en empresas como no sector inmobiliario en todo tipo de activos (hoteis, oficinas, comerciais e activos loxísticos).
    • Se xa tes investimentos, manterante ao día da actualidade do mercado ou de como está o sector ao que pertencen e axudaranche a tirar o maior partido ao teu investimento, facelo crecer ou acompañarte nalgunha decisión estratéxica como pode ser unha fusión, venda ou transmisión interxeracional.
    • Poderán presentarche oportunidades de acceso ao capital de compañías cotizadas e privadas que vaian saír á bolsa.
    • Poderás participar en colocacións privadas de bonos de empresas de tamaño medio en sectores consolidados.