Do mesmo xeito que nas campañas da renda dos últimos anos, non é posible obter a declaración do IRPF en papel impreso e debe presentarse por algún dos medios citados a seguir.
Boletín fiscal Campaña Renda e Patrimonio 2022
Índice
-
Editorial
-
Declaración IRPF 2022
-
Declaración IP 2022
-
Delimitación residencia fiscal
-
Anexo
-
País Vasco
Campaña Renda e Patrimonio 2022
Outro ano máis chega o mes de abril e con el a Campaña de Renda e Patrimonio que quedará definitivamente pechada o 30 de xuño, último día para presentar as declaracións por ambos os impostos, a non ser que o resultado destas sexa para ingresar e se domicilie o pagamento, en cuxo caso o prazo finaliza o 27 de xuño.
Como en anos anteriores, con motivo da campaña preparamos esta “edición especial” do noso boletín fiscal, onde se resumen os aspectos máis relevantes para ter en conta ao realizar as declaracións do IRPF e do imposto sobre o patrimonio (IP).
Entre as novidades coas que nos atopamos nesta campaña, cómpre destacar, no IRPF, a minoración do límite cuantitativo da redución na base impoñible xeral polas achegas individuais a plans de pensións e demais sistemas de previsión social; e a modificación, por parte dalgunhas comunidades autónomas, da escala de gravame correspondente á base xeral; e no IP a aplicación por primeira vez en Andalucía da bonificación do 100% sobre a cota do imposto; en Galicia o incremento da bonificación do 25 ao 50%; e a incorporación en Cataluña dun novo tramo á tarifa aplicable a bases a partir de 20 millóns de euros cun tipo marxinal do 3,48%.
Non queremos deixar de facer mención ao imposto de solidariedade das grandes fortunas que, como saben, malia que se aprobou a finais do mes de decembro aplícase por primeira vez no exercicio 2022. Pois ben, é importante que todos aqueles que se vexan afectados por este imposto teñan en conta que a declaración terá que facerse no mes de xullo, non coincide, polo tanto, coa Campaña de Renda e Patrimonio.
Finalmente, lembren que os produtos de acumulación, como son os fondos de investimento, continúan sendo moi eficientes para a xestión dos investimentos financeiros, na medida en que permiten diferir o pagamento do IRPF e contribúen a reducir a tributación polo IP por aplicación do límite de tributación conxunta IRPF-IP.
Jesús Muñoz García
Director de Planificación Patrimonial
Banca Privada do BBVA
Cadro resumo tributación produtos financeiros no IRPF
Accede ao boletín completo do País Vasco
Para ter en conta:
O contido desta sección é simplemente informativo e non presupón asesoramento fiscal ou xurídico.