Entre as distintas alternativas que ofrece a normativa actualmente en vigor para optimizar a tributación polo IRPF, imos centrarnos nas relativas á integración e compensación de rendas baixo os seguintes escenarios:
Boletín fiscal novembro 2023
Índice
-
Editorial
-
Peche fiscal IRPF 2023
-
Novidades tributos cedidos CC. AA.
-
Medidas Real decreto-lei 5/2023
-
Fiscalidade nova lei de vivenda
-
Beneficios fiscais da empresa familiar
-
Sentenza do TC sobre o ISGF
Novembro 2023
No ámbito da fiscalidade patrimonial, acabamos o ano cun protagonista que xa o foi ao finalizar o ano anterior, o imposto temporal de solidariedade das grandes fortunas.
Como lembrarán, foi a finais do ano 2022 cando se aprobou un imposto marcado pola súa posible inconstitucionalidade, o que levou as comunidades autónomas de Madrid, Andalucía, Galicia e Murcia a interporen recursos de inconstitucionalidade fronte a el, ademais das impugnacións realizadas polos contribuíntes ás declaracións presentadas no mes de xullo coa súa correspondente solicitude de ingresos indebidos.
O recurso presentado pola Comunidade de Madrid foi resolto de forma rápida polo Tribunal Constitucional na súa Sentenza do pasado 7 de novembro, declarando a constitucionalidade do imposto, aspecto este que, á marxe das posibles valoracións que poida ter, podería levar a instancias xurisdicionais no ámbito da Unión Europea.
Así mesmo, queremos tamén facer referencia ás modificacións producidas en materia de tributos cedidos por algunhas comunidades autónomas desde as pasadas eleccións autonómicas ata agora, que supuxeron a incorporación de novas comunidades ao “club” daquelas que teñen bonificado o imposto sobre sucesións e doazóns, así como tamén algunha que eliminou a tributación polo imposto sobre o patrimonio.
Finalmente, non esquezamos que, debido ás datas en que estamos, é o momento de identificar as alternativas ofrecidas pola lexislación vixente que poderían contribuír a mellorar a tributación polo imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).
En relación con estas, como sempre, cómpre lembrarmos a importancia das regras de integración e compensación de rendas, que nos poderían permitir aproveitar fiscalmente as perdas xeradas durante o exercicio, estean ou non materializadas, así como as que puidésemos ter pendentes de exercicios anteriores. Porén, no ámbito dos impostos sobre o patrimonio e de solidariedade das grandes fortunas, a pesar de que aínda se poderían materializar determinadas actuacións para optimizar a súa tributación, o certo é que estas deberían estar identificadas desde o principio do exercicio para se implementaren ao longo del.
Jesús Muñoz García
Director de Planificación Patrimonial
Banca Privada do BBVA
Para ter en conta:
O contido desta sección é simplemente informativo e non presupón asesoramento fiscal ou xurídico.