Do mesmo xeito que nas campañas da renda dos últimos anos, non é posible obter a declaración do IRPF en papel impreso e debe presentarse por algún dos medios citados a seguir.
Boletín fiscal Campaña Renda 2021
Índice
-
Editorial
-
Declaración IRPF 2021
-
Declaración I. Patrimonio 2021
-
Delimitación residencia fiscal
-
Anexo
-
País Vasco
Campaña Renda e Imposto Patrimonio 2021
No pasado 6 de abril comezou a Campaña de Renda e Patrimonio que quedará definitivamente pechada o día 30 de xuño, data en que expira o prazo para presentar as declaracións.
Con motivo da campaña preparamos esta “Edición especial” do noso boletín fiscal, onde se resumen os aspectos máis relevantes que é preciso ter en conta para realizar a declaración do IRPF e do imposto sobre o patrimonio (IP).
Este ano, como non podía ser doutra maneira, encontrámonos con algunhas novidades, a maior parte delas incorporadas pola Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021 e pola Lei 11/2021, de 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal.
Entre estas novidades, cómpre destacar, no IRPF, o incremento de tipos impositivos para as rendas máis altas, tanto na tarifa aplicable á base xeral como na correspondente á base do aforro, e a minoración do límite cuantitativo da redución na base impoñible por achegas a plans de pensións e outros sistemas de previsión social. No imposto sobre o patrimonio destacan o incremento do tipo marxinal máximo aplicable a contribuíntes con residencia fiscal en comunidades autónomas que non teñan aprobada a súa propia tarifa e a incorporación dunha regra especial de valoración dos seguros de vida nos que o tomador non teña a facultade de exercer o dereito de rescate total da póliza.
Tamén queremos destacar o “Manual práctico de renda 2021”, que a Administración Tributaria puxo a disposición de todos os contribuíntes no seu web e que dedica unha sección específica a explicar as implicacións fiscais máis relevantes no IRPF derivadas do investimento en moedas virtuais ou criptomoedas.
Finalmente, non queremos deixar escapar a ocasión para lembrar que os produtos de acumulación, como son os fondos de investimento, continúan a ser moi eficientes para a xestión dos investimentos financeiros, na medida en que permiten diferir o pagamento do IRPF e contribúen a reducir a tributación polo IP por aplicación do límite de tributación conxunta IRPF-IP.
Jesús Muñoz García
Director de Planificación Patrimonial
Banca Privada do BBVA
Cadro resumo tributación produtos financeiros no IRPF
Accede ao boletín completo do País Vasco
Para ter en conta:
O contido desta sección é simplemente informativo e non presupón asesoramento fiscal ou xurídico.