Un fondo de investimento é un patrimonio constituído coas achegas de moitos investidores (partícipes), representado e administrado por unha sociedade xestora que o inviste en distintos activos e instrumentos financeiros, obtendo resultados positivos ou negativos en función da evolución dos mercados. A unidade de investimento é a participación.