A calculadora de soldo é unha ferramenta que permite ao usuario estimar o seu soldo neto mensual a partir dunha mínima información económica, persoal e laboral. Os resultados da simulación baséanse nos datos introducidos polo usuario e teñen valor simplemente informativo e orientador, en ningún caso son vinculantes. Os resultados da simulación pódense ver afectados por cambios na normativa fiscal, laboral ou da Seguridade Social actuais ou por modificacións nos datos económicos, laborais e persoais declarados polo usuario. A normativa fiscal aplicable ao réxime de achegas e prestacións é a prevista na normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) aplicable en cada momento, salvo para os residentes en Áraba, Biscaia, Gipúscoa e Navarra, para quen son aplicables normas forais propias sobre o IRPF.