É un instrumento de aforro dun conxunto de investidores (coñecido coma instrumento de investimento colectivo ou IIC) domiciliado fóra de España, creado por unha entidade xestora para investir de forma conxunta as achegas dos diferentes partícipes. Cada investidor mantén un número de participacións do fondo onde está investido, que representa a porción do investimento que lle corresponde.
En particular, todos os fondos internacionais que desde o BBVA comercializamos e que atoparás na nosa web son fondos domiciliados en países da Unión Europea.