Podes realizar os trámites co móbil
-
Achega os documentos necesarios para estudar se a túa hipoteca é viable.
-
Coñece o estado da túa solicitude e o que tes que facer para avanzar.
-
Consulta calquera dúbida cun xestor do BBVA, por teléfono ou mensaxe.
E guiámoste desde a solicitude ata a entrega das chaves
1. Solicitas a túa hipoteca
Antes de enviar a túa solicitude, poderás calcular a túa cota en bbva.es ou nunha oficina BBVA.
Cando envíes a túa solicitude, poderás acceder á app BBVA sen ser cliente e seguir cos trámites desde Espazo Hipoteca.
Para acceder á app, só terás que rexistrarte en dous pasos e sen compromiso.
2. Achegas os teus documentos
Para facer o estudo de viabilidade, pedirémosche documentos de identificación e económicos.
Poderás engadilos e envialos desde a app.
3. Estudamos a túa solicitude
4. Achegas a taxación da vivenda
Nesta etapa, necesitamos a taxación e a nota simple actualizada do inmoble.
Se queres, poderás solicitar estes documentos a través do BBVA. Unha taxadora homologada realizará a taxación e obteremos a nota simple por ti. O teu xestor vaite informar do custo.
5. Seguimos co proceso de sinatura
Se a solicitude segue adiante, recibirás por correo electrónico as condicións do préstamo hipotecario, que poderás ler e asinar se estás de acordo.
Despois terás que escoller unha notaría e acordar unha cita para que te asesoren e emitan a acta previa.
O último paso será ir á notaría para asinar a compra da casa e a hipoteca. E xa será túa!