En caso de cobramento en forma de renda vitalicia, os rendementos xerados neste produto non tributan. Ademais, as rendas mensuais teñen exencións que variarán en función da túa idade na data de inicio de cobramento.
NIVEL DE RISCO
1/6
PIAS Plan Individual de Aforro Sistemático
Seguro de vida e aforro a longo prazo que che garante unha renda vitalicia a cambio dun saldo acumulado
En caso de falecemento do asegurado, os beneficiarios obterán o aforro acumulado incrementado.
-
Capital e rendementos garantidos.
-
Podes designar os beneficiarios que queiras para o caso de falecemento.
-
Consulta as súas vantaxes fiscais.
A quen se dirixe?
-
A todas as persoas de entre 14 e 70 anos e seis meses que queiran obter un aforro cunha rendibilidade coñecida e asegurada e cunha fiscalidade vantaxosa en caso de cobramento en forma de renda vitalicia.
Que vantaxes che ofrece?
-
- O aforro acumulado neste produto pode supor no futuro un ingreso complementario para a xubilación.
- Se despois de transcorreren 5 anos desde a primeira achega constitúes unha renda vitalicia co capital acumulado, o rendemento xerado queda exento de tributación*.
- Unha vez constituída a renda vitalicia asegurada, as prestacións mensuais en forma de renda que obteñas tributan en IRPF como rendemento de capital mobiliario, con reducións fiscais en función da túa idade.
- Capital e rendementos garantidos.
- Podes designar os beneficiarios que queiras para o caso de falecemento.
* Para contribuínte residente no País Vasco, consúltense as condicións coa súa oficina.
Como funciona?
-
- Podes contratar con achega única, periódica ou unha combinación de ambas.
- Actualmente o límite de achega anual non poderá superar os 8.000 € ao ano nin os 240.000 € en total para todos os PIAS.
- O importe mínimo da achega única é de 600 €.
- As achegas periódicas poden ser mensuais, trimestrais, semestrais ou anuais. O importe mínimo de achega é de 30 € mensuais e o máximo de 666,66 € mensuais. En calquera momento podes modificalas, interrompelas ou reinicialas.
- Podes realizar achegas extraordinarias en calquera momento. O importe mínimo da achega é de 600 € e o máximo de 8.000 €.
Rendibilidade e dispoñibilidade garantidas- Establécese unha rendibilidade inicial garantida por un prazo de entre 11 e 12 meses e renovable por períodos anuais.
- En calquera momento podes recuperar todas ou parte das achegas realizadas e os rendementos xerados.
- O importe mínimo do rescate parcial solicitado é de 200 €. Se o saldo acumulado resultante, unha vez descontado o importe que se vai rescatar, é inferior a 300 €, a entidade aseguradora poderá extinguir o contrato.
- Podes mobilizar o saldo acumulado a outro PIAS do que sexas tomador.
Extinción do contrato- O contrato extinguirase por rescate ou mobilización total, a constitución dunha renda vitalicia inmediata na data en que se aboe o capital por falecemento.
- Os beneficiarios obterán o aforro acumulado incrementado nun 5%. No caso de que o asegurado alcance a idade actuarial de 69 anos e seis meses, o incremento será dun 3%. En ambos os casos cun máximo de 601 €.
- Podes anular o contrato durante os 30 días seguintes á contratación.
Pide ao teu xestor que che realice unha simulación en función da túa situación persoal.
- Podes contratar con achega única, periódica ou unha combinación de ambas.
Que requisitos son necesarios para contratar o seguro?
-
- Ser persoa física residente.
- Ser titular dunha conta BBVA.
Se non tes ningunha conta aberta no BBVA, podes abrir unha. Pregúntanos sobre as contas que temos dispoñibles e as súas condicións. - Ter entre 14 anos e 70 anos e 6 meses.
Necesitas máis información?
Ser cliente do BBVA
- No BBVA queremos axudarche coas xestións do teu día a día.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.