Plan de Previsión Asegurado BBVA
Acumularás un aforro para a xubilación
-
Garantía de xuro.
-
Achega mínima de 600 €.
-
Mesma fiscalidade que os plans de pensións.
-
Ti escolles o prazo inicial.
A quen se dirixe?
-
A todas as persoas, entre 18 e 75 anos, que queiran complementar a súa pensión por xubilación a través dun plan de aforro e obter desgravacións fiscais.
Que vantaxes che ofrece?
-
- Garantía de xuro.
- Podes designar os beneficiarios que queiras en caso de falecemento.
- Mesma fiscalidade que os plans de pensións.
Como funciona?
-
Contratación
- Para contratalo debes facer unha achega inicial mínima de 600 € mediante un ingreso ou traspaso desde outro plan de previsión asegurado ou plan de pensións.
- Podes facer as achegas extraordinarias que queiras, co límite existente de 1.500 € ao ano. Este límite compártese entre todos os plans de pensións e de previsión dos que sexas titular.
- Cada achega terá unha rendibilidade garantida propia, é dicir, cada vez que fagas unha achega, comunicarase o tipo de xuro técnico que se aplica a esa achega e o período de tempo durante o que se aplica.
- Cobertura en caso de falecemento: os beneficiarios recibirán o 101% da achega ou valor acumulado na última data de renovación capitalizada ao tipo de xuro técnico garantido.
Prazo inicialTi escolles o prazo inicial entre 1 e 15 anos, segundo a túa idade no momento da contratación.
Un mes antes do vencemento do período inicial, comunicarémosche o novo tipo de xuro técnico garantido para que decidas se queres:
- Renovar o contrato ao novo prazo comunicado por BBVA Seguros.
- Traspasalo a outro PPA, PPI ou PPSE.
- En caso de cumprires os requisitos das continxencias de xubilación ou algún suposto excepcional de liquidez, poderás dispor do valor garantido.
DispoñibilidadeEste produto é ilíquido ata o momento da xubilación, aínda que o asegurado poderá dispor anticipadamente da súa totalidade ou de parte se sofre incapacidade, enfermidade grave ou desemprego de longa duración, cando a achega realizada tivese polo menos dez anos de antigüidade, nos termos que se establezan na normativa vixente ou en calquera outro suposto previsto expresamente pola normativa vixente en cada momento.
No entanto, se se exercitase o dereito de mobilización, se se desen algúns dos supostos excepcionais de liquidez ou das coberturas aseguradas, segundo as condicións do mercado, o valor para mobilizar ou para percibir podería resultar inferior ás primas achegadas, ao existir unha eventual diferenza entre o valor de mercado dos activos afectos e o importe da provisión matemática e, por tanto, poderíanse producir perdas no momento do rescate respecto ás primas achegadas.
Que requisitos son necesarios para contratar o seguro?
-
- Ser titular dunha conta BBVA.
- Se non tes ningunha conta aberta no BBVA, podes abrir unha. Pregúntanos sobre as contas que temos dispoñibles e as súas condicións.
- Ter entre 18 e 75 anos. A idade máxima de permanencia é ata os 80 anos.
Podes anular o contrato durante os 15 días seguintes á contratación.
- Ser titular dunha conta BBVA.
Necesitas máis información?
Ser cliente do BBVA
- No BBVA queremos axudarche coas xestións do teu día a día.
- Traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil coas nosas solucións dixitais.
- Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.