O código CVV (Card Verification Value) da tarxeta de débito ou crédito serve para verificar que a persoa propietaria da tarxeta é quen realiza a compra. Este código adoita ir impreso na parte de atrás da tarxeta física.
Para engadir unha capa máis de seguridade, todas as tarxetas Aqua incorporan un CVV dinámico. Este código xérase con cada compra en liña e só está dispoñible durante 5 minutos. Deste xeito, o teu diñeiro queda aínda máis protexido ante posibles fraudes ou ciberataques.