Domicilia a túa nómina
Coa túa nómina no BBVA, acompañámoste en cada paso
- Cando domicilias a túa nómina no BBVA, accedes a novas vantaxes que se adaptan a cada proxecto da túa vida.
- Acompañámoste no proceso para que traeres a túa nómina sexa moi doado e, se queres, encargámonos de cambiar os teus recibos e falar coa túa empresa.
Pensamos en todo para que sexa facilísimo
-
Sen preocupacións
Contactamos co teu outro banco e coa túa empresa para xestionar o cambio.
-
Ti escolles que traer
Se queres, cambiaremos os teus recibos, domiciliacións, saldos e transferencias frecuentes.
-
Sempre ao teu lado
Informámoste durante o proceso e resolvemos as túas dúbidas no 91 919 01 41.
Vantaxes que avanzan contigo
Fai realidade os teus proxectos
Accede á túa hipoteca ou préstamo cun mellor tipo de xuro e conta co noso apoio durante a solicitude.
Protéxete de gastos inesperados
Cubre imprevistos de maneira doada e rápida, grazas ao anticipo de nómina ou ao servizo de descuberto.
Inviste con confianza
Poderás mellorar as túas finanzas aproveitando a información e ferramentas de investimento dispoñibles en web e app.
Incorpora o aforro na túa rutina
Aforra case sen esforzo coas regras de aforro personalizadas e achégate aos teus obxectivos.
Accede a descontos en lecer e viaxes
Empeza a aforrar en cine, espectáculos, produtos de primeiras marcas e restaurantes. Por seres cliente do BBVA, podes gozar de mellores prezos nas túas compras e plans grazas aos nosos descontos exclusivos. Para consultalos, só necesitas descargar a app e acceder desde a túa área privada en Menú > As miñas promocións.
Ademais, por seres do BBVA, podes reservar as túas vacacións a calquera destino con ata un 7% de desconto.
Solucións para o teu día a día
Descubre as funcionalidades que che axudan a xestionar o teu diñeiro:
- Coas notificacións da app terás información da túa conta en directo, tanto se recibes un ingreso como se se intenta realizar algún cobramento.
- As tarxetas son máis seguras grazas ao CVV dinámico, ademais poderás apagar a tarxeta ou limitar a operativa sempre que o necesites.
- Desde a app poderás aforrar activando o arredondamento en compra e facer un seguimento rápido de todas as túas subministracións e subscricións.
- Terás un Bizum máis completo, coa opción de dividir gastos ou pagar en comercios en liña e tendas físicas.
Calculadoras para tomar as mellores decisións
-
Calculadora de soldo neto mensual
Calcula a túa retención do IRPF e o soldo que vas recibir a final de mes
-
Calculadora de soldo bruto anual
Calcula canto vas recibir en total sen contar as deducións.
-
Calculadora de gastos mensuais
Planifica o teu orzamento mensual de acordo cos teus ingresos e gastos.
Coñece as condicións da túa conta
Toda a información sobre a túa conta está na túa app
E sempre terás un equipo de profesionais ao teu lado
Porque somos un banco formado por persoas. Sempre que necesites axuda experta, terás ao noso equipo para falar de ti a ti.
Resolvemos as túas dúbidas no teléfono 900 102 801