App para compartir gastos

Se compartes todo con eles, comparte tamén gastos

Agora, coa app BBVA, tamén podes crear grupos para compartir ou dividir gastos con amigos, familiares, compañeiros de piso, de viaxe ou calquera co que compartas a túa vida, sexan ou non sexan clientes do BBVA.

Empezamos?

1. Crea ou únete a un grupo

Se xa tes usuario, entra na sección de experiencias no menú lateral da app BBVA e crea un grupo ou acepta a invitación para te unires a un xa creado. Podes compartir gastos para eventos puntuais como aniversario e viaxes ou para gastos recorrentes (alugueiro de piso, clases…).

2. Engade gastos e participantes

Despois de crear o grupo, podes engadir participantes directamente desde a túa axenda, sexan ou non clientes, e engadir gastos novos ao grupo.

3. Fai seguimento dos pagamentos

Todos os participantes do grupo poderedes facer un seguimento dos pagamentos e calcular o que debe cada un en cada momento sen saír da app BBVA.

Conoce todo lo que puedes hacer sin ser cliente

  • Crear grupos de amigos ou unirte a grupos xa creados.
  • Dividir os gastos a partes iguais entre os integrantes do grupo ou de forma personalizada segundo o que ti decidas.
  • Rexistra os gastos que realicedes en efectivo.
  • Todo, sen necesidade de ser cliente do BBVA.

Xa es cliente?

Tamén poderás pagar directamente desde a app con Bizum ou a través de transferencia e rexistrar os gastos asociándoos con movementos da conta.