O Día do Pai é aquel en que se rende homenaxe aos proxenitores. Ten orixe nos Estados Unidos, na figura de Sonora Smart Dodd, unha nena que quixo demostrar o amor que sentía polo pai, Henry Jackson Smart, tras criala a ela e as cinco irmás sen axuda (tras a morte da nai). Propuxo celebrar o Día do Pai o 5 de xuño, aínda que non chegou a conseguilo (non contou co apoio necesario). A idea, porén, calou entre a xente, sendo o presidente Calvin Coolidge (en 1924) quen fixo un novo intento por sacala adiante, feito que finalmente se produciu grazas a Lyndon Johnson, en 1966. A partir dese ano, estableceuse o terceiro domingo de xuño como a súa data oficial. O tempo fixo que se estendese por todo o mundo, aínda que moitos países optaron por celebralo noutra data (como España).