San Valentín é unha festividade de orixe cristiá que conmemora o sacerdote San Valentín de Roma. Conta a lenda que, na Roma do século III, o emperador Claudio II prohibiu os matrimonios dos mozos porque os solteiros eran mellores soldados ao non ter vínculos amorosos.
O sacerdote San Valentín saltou a orde e dedicouse a casar en segredo os soldados namorados. Cando o soubo, o emperador sentenciou a morte o sacerdote un 14 de febreiro.