Biometría

Ti es a mellor protección para a túa conta

A biometría utiliza as túas características físicas únicas, como a impresión dixital ou o rostro, para identificarte e ofrecerche a máxima seguridade nas túas operacións en liña.

Reforza a seguridade da túa conta

O acceso con biometría é moi fácil de activar e ofrece máis seguridade no inicio de sesión que a clave habitual. Os teus datos biométricos son únicos no mundo e van sempre contigo, polo tanto, ningunha persoa vai poder utilizalos para acceder á túa conta.

A sinatura con biometría permite que o teu diñeiro estea máis protexido dos ciberataques. Con esta opción, deixarás de recibir mensaxes SMS con códigos de autorización e só se poderán realizar operacións desde a app se son validadas co recoñecemento facial ou cunha lectura da impresión dixital.

Cando accedas á app ou autorices operacións, será o teu propio móbil o que realizará a lectura da túa biometría. O BBVA non almacena nin trata os datos biométricos rexistrados no teu dispositivo, por iso, non necesitas rexistrar a túa impresión dixital ou o rostro na nosa app.

  • Accede en segundos

    Sen necesidade de escribir e memorizar claves ou códigos, só coa túa cara ou a túa impresión dixital.
  • Opera sen complicacións

    Ao non dependeres dunha SMS, poderás confirmar as túas operacións mesmo sen teres cobertura.
  • Blinda a túa conta

    Só ti tes os teus datos biométricos, ninguén vai poder suplantalos.

Paso a paso

Activa o acceso e asina nun minuto

Antes de abrir a app BBVA, asegúrate de teres rexistrada a túa biometría no móbil ou tableta. Cando a teñas rexistrada, poderás dar de alta a funcionalidade na app seguindo estas instrucións: 
  1. Para activar o acceso con biometría, entra na app BBVA, desde o menú de arriba á dereita > Seguridade e privacidade > Métodos de acceso/Sinatura > Acceso con biometría. Recibirás unha SMS cun código. Cando confirmes, xa quedará activada con éxito esta opción. 
  2. A continuación, poderás activar a sinatura con biometría. Fai clic en Sinatura con biometría e sigue as instrucións que aparecen na pantalla. Necesitarás ter á man o teu DNI/NIE ou, se tes Android, tamén poderás usar a túa tarxeta BBVA.
  3. Coa opción de Biometría con preaviso, a app mostrarache unha mensaxe antes da lectura biométrica do teu rostro, para que te poidas preparar cada vez que asines unha operación.

Se o prefires, coa sinatura premendo un botón terás a mesma axilidade que coa biometría, pero sen que o teu dispositivo realice un recoñecemento de rostro ou da impresión dixital.

Algunhas dúbidas que che poden xurdir

O BBVA en ningún caso almacena nin fai tratamento da información biométrica rexistrada no teu móbil ou tableta. Unicamente che ofrecemos a posibilidade de acceder e realizar operacións bancarias mediante a validación da biometría que realiza o teu propio dispositivo. Podes activar ou desactivar a identificación con biometría na túa app sen custo sempre que queiras.

Esta funcionalidade técnica non é controlada polo BBVA e depende exclusivamente do fabricante do dispositivo. Por iso, antes de utilizares a app do BBVA recomendamos comprobares o funcionamento do teu dispositivo, así como as condicións de seguridade e garantías que contrataches co seu fabricante.