Para navegar con seguridade en Internet, protexendo os teus datos e evitando sufrir algún incidente de ciberseguridade, aconsellámosche seguir estes consellos:
- Os teus contrasinais son unicamente teus. Nunca compartas o PIN das túas tarxetas, nin as túas claves ou contrasinais con ninguén, nin tampouco os inclúas en ningún chat, mensaxe de WhatsApp, mensaxes electrónicas ou mensaxes SMS.
- Non compartas ningún dato persoal con descoñecidos, nin sequera se cho solicitan nunha chamada de teléfono ou a través dunha web á que accedeses desde unha mensaxe electrónica ou unha mensaxe SMS no teu móbil.
- Actualiza regularmente o teu navegador de Internet, as aplicacións que utilizas e o sistema operativo dos teus dispositivos (ordenador, iPad, móbil…). Tamén cómpre que instales e manteñas en funcionamento un antivirus e un antimalware.
- A mellor forma de acceder á banca en liña do BBVA é tecleando no teu navegador o enderezo ‘www.bbva.es’. Evita acceder desde ligazóns de Google.
- Se recibes unha mensaxe electrónica ou unha mensaxe SMS dun remitente que non coñeces, ou que che resulte sospeitoso por algo, xa sexan as imaxes ou a redacción do texto, non premas en ningunha ligazón que poida conter.
- Por último, lembra que o BBVA nunca che vai solicitar un código dun só uso (OTP) en mensaxes electrónicas, mensaxes SMS ou chamadas de teléfono que non iniciases ti.
Se sofres calquera incidente de ciberseguridade relacionado coas túas contas ou tarxetas, contacta co BBVA no 900 102 801