CVV dinámico

Un nivel extra de seguridade nas túas compras por teléfono e Internet

O CVV dinámico das tarxetas Aqua BBVA xera un código dun só uso para facer cada transacción aínda máis segura e protexerte ante posibles fraudes.

Que é o CVV dinámico?

O CVV (Card Verification Value) é un código de 3 ou 4 díxitos impreso no reverso das tarxetas financeiras que serve como medida de protección ao realizar compras por teléfono ou Internet. Canda a numeración e a data de caducidade, utilízase para confirmar que é o titular da tarxeta quen está a realizar a transacción.

O código CVV dinámico das tarxetas Aqua BBVA ofrece un nivel de protección aínda maior, xa que non está impreso na tarxeta física, senón que se xera desde a app BBVA de forma específica para confirmar cada transacción.

Como funciona?

Utilizar o CVV dinámico das tarxetas Aqua BBVA é moi sinxelo

  • Ao realizar unha transacción por teléfono ou Internet, deberás indicar os datos da tarxeta: nome do titular, numeración completa, data de caducidade e CVV. 
  • Para obter todos estes datos (que non están impresos na tarxeta física) tan só necesitarás entrar en bbva.es ou na app BBVA, acceder á tarxeta coa que desexas realizar o pagamento e premer na opción para consultar o CVV dinámico.
  • Xunto cos datos da túa tarxeta, poderás ver un código CVV de 3 díxitos cun período de validez duns poucos minutos. Se pasado ese tempo non o utilizas para facer algunha transacción, o código caducará e deberás solicitar un novo. 

Aínda non tes a Tarxeta Aqua Crédito?

Intelixente, flexible e aínda máis segura:

  • Sen números impresos, só podes velos na app.
  • CVV dinámico para protexer as túas compras por Internet.
  • Permíteche adiar as compras ou pagalas no mes seguinte. 

Ciberseguridade

Ver máis noticias