BBVA Cashup
Que é BBVA Cashup?
-
É poder enviar diñeiro de móbil a móbil a través de Bizum, ao momento e sen saíres da aplicación desde a que estás chateando cos teus amigos.
Poderás pagar a túa parte da cea ou un agasallo a medias ao momento, aínda que non leves diñeiro contigo. Tan fácil como mandar un emoji, e sen saber o número de conta!
Só necesitas o seu número de móbil ou escollelo entre a túa lista de contactos. Se o teu amigo ten Bizum, o diñeiro chégalle á súa conta ao momento, sexa do banco que sexa.
Entra na app BBVA e preme en Bizum no menú despregable. Unha vez aí, activa BBVA Cashup, e listo! Xa podes comezar a utilizalo en calquera aplicación de mensaxes.
Se queres saber máis sobre bizum fai clic aquí.
Consulta aquí a guía para instalar e seleccionar BBVA Cashup no móbil.