Correos Cash
Que é Correos Cash?
-
Para que poidas dispor do teu diñeiro en efectivo cando o necesites pomos á túa disposición Correos Cash, un servizo que che permitirá realizar retiradas de efectivo da túa conta, a través da app BBVA, en calquera das oficinas de Correos ou solicitar o seu envío a domicilio en todo o territorio nacional.
É un servizo novo dispoñible dirixido a persoas físicas maiores de idade que sexan titulares dunha conta BBVA.
Como solicitalo?
-
Se es cliente do BBVA e tes descargada a nosa app, dispor do teu diñeiro en efectivo é moi sinxelo:
- Entra na app BBVA.
- Busca Correos Cash entre todas as operacións que podes realizar coa túa conta ou directamente polo menú superior.
- Elixe a conta desde a que desexas dispor de efectivo, a modalidade de entrega e a cantidade que necesitas. No mesmo momento da solicitude cargaranse na túa conta tanto o importe solicitado como unha comisión de 1,56 €, se a retirada se solicita nunha oficina de Correos, ou de 6,60 € se se solicita o envío a domicilio (tarifas establecidas para 2024. As tarifas sempre estarán á túa disposición para que as poidas consultar en bbva.es).
Retirada de efectivo nas oficinas de Correos- No momento de confirmar a solicitude, xerarase un código QR cun localizador.
- Presenta o código QR en calquera oficina de Correos xunto co teu documento de identificación válido. Poderás retirar o teu diñeiro nun prazo de ata 7 días naturais desde a solicitude. Ao pasar ese prazo, anularase a operación e reembolsarémosche o importe e a comisión.
Recepción de efectivo en domicilio- Nun prazo máximo de 3 días hábiles desde que Correos acepte a túa solicitude, entregarase o teu efectivo. Nese mesmo día, Correos informarate a través dunha SMS.
- No momento de entrega no teu domicilio, presenta o documento de identificación válido asociado á solicitude para poder recibir o diñeiro.
- Se no momento da entrega non estás na casa, poderás recoller o importe a partir do día seguinte hábil en calquera oficina de Correos (agás as oficinas rurais).
Se necesitas resolver algunha dúbida, podes encontrar máis información na nosa app ou chamar á Liña BBVA (900 102 801).
En que oficinas de Correos se presta o servizo de Correos Cash?
Correos dispón de oficinas e puntos de atención rural (oficinas rurais).
Nos puntos de atención rural (oficinas rurais) pode que non dispoñan de efectivo en todo momento, polo que deberás realizar unha reserva previa nestes puntos de atención para que o importe que queres solicitar estea listo.
Consulta a localización dos puntos de atención rural e os seus horarios na páxina web de Correos.